12 Decembro / 21:00 / A Coruña
Coruña Sounds: Víctor Manuel
12 Decembro


Víctor Manuel ofrecerá un concerto o 12 de decembro na Coruña no marco da súa nova xira ‘Solo a Solas Conmigo 2026’. O público poderá gozar dalgunhas das novas cancións do seu novo disco, mais tamén os grandes clásicos de sempre como ‘Soy un corazón tendido al sol’, ‘Ay amor’, ‘Quiero abrazarte tanto’, ‘Solo pienso en ti’ ou ‘Asturias’.
O Coruña Sounds é un ciclo de concertos que trae ata A Coruña a destacados artistas nacionais e internacionais de diferentes estilos ao longo de varios meses, co obxectivo de ampliar e desestacionalizar a oferta musical da cidade.

