Cargando Eventos

« Todos os Eventos

  • Este evento pasou.

Compostela Tradfest

26 Xullo

26 Xullo / 12:00 / Santiago de Compostela (A Coruña)

Compostela TradFest celebra a súa oitava edición convertendo Santiago de Compostela nun gran escenario para a música tradicional. Ao longo de máis de doce horas de programación gratuíta, o festival levará concertos e ruadas a espazos emblemáticos do casco histórico, como a Praza da Quintana, a Praza de Mazarelos e a Igrexa da Universidade, reunindo artistas de Galicia e doutros países nun diálogo entre a tradición e a creación contemporánea. O cartel conta con nomes como Budiño, Felisa Segade, Ana Alcaide & Bill Cooley, O Gajo, Martín Bruhn, Allan MacDonald, Chick McAuley & Friends, Vox Stellae e a Banda Municipal de Música de Santiago.

No marco dos Concertos do Xacobeo, Compostela TradFest consolídase como unha das citas máis singulares da programación das Festas do Apóstolo, contribuíndo a reforzar o atractivo cultural e turístico de Santiago de Compostela. A través dunha proposta gratuíta que combina música, patrimonio e participación cidadá, o festival pon en valor a tradición galega e o seu diálogo con outras culturas do ámbito atlántico, ibérico e lusófono, convertendo o centro histórico da cidade nun espazo vivo de encontro arredor da música de raíz.

Recinto