14 Setembro / 11:00 / A Coruña

Coffee Party
14 Setembro / 11:00

O domingo 14 de setembro, A Coruña ten unha cita especial no Muelle de Batería: chega a Coffee Party XXL, dentro do programa Son & Mar.
Este evento, que xa arrasou en cidades como Londres, Berlín, Porto ou Toronto, combina música, café de especialidade e unha proposta gastronómica variada, nun ambiente único á beira do mar.
Haberá café de autor, combinados, doces e salgados, ademais do mellor ritmo e unha selección de DJ sets capaces de levantar máis que un expreso en luns. Un plan diferente para vivir a cidade con sabor, ritmo e moita enerxía.