Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

Cepeda + Antía Muíño

3 Setembro, 2022 / 22:00

De balde

3 Setembro / 22:00 / Sanxenxo (Pontevedra) / De balde

Tralo lanzamento do seu primeiro álbum, Principios, Cepeda demostrou que publicar un disco e mantelo cinco semanas no número uno da lista de vendas do noso país, conseguir o Disco de Platino co seu primeiro single Esta vez, bordalo co Disco de Platino dol álbum xa na súa versión reedición en Nuestros principios e pendurar o cartel de sold out nunha ducia de concertos da súa primeira xira, foi posible grazas á súa perseverancia, a súa capacidade compositiva e a súa afinidade polas novas formas de crear e comunicar.

Mi reino e Vuela foron os dous grandes temas que se extraeron dese novo material e, nada máis saír, colocáronse no número un de ITunes en seis países: España, Arxentina, Ecuador, República Dominicana, Perú e Chile. Ademais, o videoclip de Mi reino situouse directamente no número un de tendencias de Youtube España, moi bo síntoma para o ‘gran reino’ de Cepeda.

Pola súa banda, Antía Muíño é unha cantautora galega afincada en Donostia que, tras anos de militar en diferentes proxectos que basculan entre o folk, a canción de autor máis intimista, o jazz ou a bossa nova, firma co seu propio nome un proxecto que segue bebendo destas fontes, pero que chega agora a soas coa súa guitarra. Herdanza da canción acústica, espida e descarnada. A súa singularísima voz dialoga con matices que van desde a canción jazz á bossa con acento galego ou o folk pop occidental, tan preto do río Miño como das beiras do Mississippi.

Recentemente acaba de publicar o seu primeiro sinxelo Carta aberta, con grande éxito de escoitas e que chegou a formar parte dalgunhas das listaxes máis importantes da industria dixital. Sen dúbida, Antía Muíño, é unha das voces emerxentes galegas con máis proxección.

Detalles

Data:
3 Setembro, 2022
Hora:
22:00 – 23:30
Custe:
De balde
Categoría do Evento:

Protagonistas

Cepeda
Antía Muíño

Recinto

Praza do Mar, Sanxenxo
Pontevedra Spain + Google Map