17 Agosto / Sober

Carlos Núñez
17 Agosto / 20:00

Os Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia achegan o arte de Carlos Núñez, considerado como un dos mellores gaiteiros do mundo, ás Ermidas coa súa nova e singular xira ‘Lugares Máxicos 2025’. O artista actuará no marco incomparable do Adro do Santuario da localidade ourensá o xoves, 17 de xullo, contra ás 20.00 horas, co apoio da Axencia de Turismo de Galicia. As entradas para o concerto están xa esgotadas.
A Xunta de Galicia dálle tamén cobertura ás citas do músico este verán en outros escenarios únicos de Baiona (o 18 de xullo, no Parador de Baiona), Ribadeo (o 22 de xullo, no Auditorio Hernán Naval), Vilanova de Arousa (o 24 de xullo, no Pazo Baión), Salvaterra de Miño (o 26 de xullo, no Castelo), Boqueixón (o 30 de xullo, no Pico Sacro), Marín (o 31 de xullo, na Finca de Briz), Sober (o 17 de agosto, nos Xardíns do Palacio de Sober) e Sobrado (o 6 de setembro, no Mosteiro de Sobrado dos Monxes). Concertos do Xacobeo apoian, así, unha das citas máis especiais da música galega este ano: a nova xira de Carlos Núñez, un percorrido emocional e musical polos espazos con alma da nosa terra.
Carlos Núñez está considerado internacionalmente como un músico extraordinario, dos máis serios e brillantes do mundo. O seu carisma, a súa enerxía, o seu espírito pioneiro fixérono moi popular, transcendendo con fartura os límites habituais dos seus instrumentos: a gaita e as frautas. Agora, no marco dos Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia, ofrece un novo e singular directo, en marcos patrimoniais que arrouparán como ningún outro ou seus máxicos sons.