Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

Café Quijano

17 Setembro, 2022 / 21:00

De balde

17 Setembro / 21:00 / Mondoñedo (Lugo) / De balde

A Praza do Seminario de Mondoñedo acollerá o 17 de setembro un concerto gratuíto de Café Quijano dentro do marco da programación musical do Xacobeo 21-22, Concertos do Xacobeo.

Manhattan é o último álbum do trío formado polos irmáns Quijano, que, coincidindo co 20º aniversario do seu aclamado La Taberna del Buda, exerce de fiel e digna continuación, repleto de son “taberneiro” e con apaixonantes historias que son puras curtametraxes.

A pesar da súa exitosa carreira e do seu recoñecemento pola industria musical internacional, Café Quijano son uns grandes descoñecidos. Foron nomeados repetidamente aos Grammy e compartiron escenario ou colaboraron con artistas da talla de Santana, Black Eye Peas, Herbie Hancock, Maná, Joaquín Sabina, Armando Manzanero ou Celine Dion, entre moitos outros. Tras o éxito de Orígenes: el bolero (2012), disco que alcanzou o número 1 en vendas, convertéronse nun dos 15 artistas máis taquilleiros de España, colgando o cartel de sold out en, practicamente, todos os auditorios e teatros do país que visitaban.

Este 2022, Café Quijano volve co seu sorprendente Manhattan. Na súa nova xira, ademais de presentar os seus novos temas, o grupo fará un repaso dos seus grandes éxitos e, tamén, dos seus boleros orixinais. Un espectáculo único, no que a calidade musical destaca por encima de todo.

Detalles

Data:
17 Setembro, 2022
Hora:
21:00 – 23:00
Custe:
De balde
Categoría do Evento:

Recinto

Plaza del Seminario, Mondoñedo
Praza do Seminario Lugo 27740 Spain + Google Map