Skip to main content
Cargando Eventos

« Todos os Eventos

Caamaño & Ameixeiras. Terrasón

14 Setembro / 23:00

14 Setembro / 23:00 / O Barco (Ourense)

Este 14 de setembro o Terrasón terá un peche de luxo na Praza maior de o barco co recital de Caamaño e Ameixeiras, o dúo formado por Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz). Desde 2018 constrúen un estilo propio a partir da tradición galega, con arranxos vivos e contemporáneos que sitúan a emoción no centro. O seu primeiro disco, ‘Aire!’ (2021), foi recoñecido con múltiples premios, e con ‘Quitar o aire’ (2023) deron un paso máis, renovando os códigos da música de raíz e proxectando a súa proposta dentro e fóra de Galicia.

Este 2025 a música volveu encher espazos característicos de O barco como a Praza Maior, o Paseo do Malecón, a Praza de Viloira ou San Roque, entre outras localizacións, co ciclo de concertos Terrasón.

Terrasón naceu en 2020 co desexo de achegar bandas emerxentes e talento galego a zonas con locais de hostalería para dinamizar turística e culturalmente o Barco de Valdeorras. Neste 2025, o ciclo contou cos directos espallados nas noites de verán– de artistas e bandas como Carla Lourdes, Ángela González, The Black Wings, Seika, Notazul, El Patio de Leni, Claudio & The Roosters, Los Brazos, Sr. Jingles e Caamaño&Ameixeiras.

Deste xeito, o Terrasón do Barco de Valdeorras chegou un ano máis ás terrazas da localidade ouresá, como una alternativa sostible para as noites do verán, cunha variada e animada selección de concertos en directo, con entrada de balde para todos os públicos.

Detalles

Data:
14 Setembro
Hora:
23:00 – 23:59
Categoría do Evento:

Protagonista

Caamaño&Ameixeiras

Recinto

Praza Maior, O Barco
Praza Maior Ourense 32300 Spain + Google Map