Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

C. Tangana

23 Agosto, 2022 / 22:00

39€

23 Agosto / 22:00 / Vigo (Pontevedra) / Desde 39€

Falar de C. Tangana é falar da música que escoitas tanto nas noites de baile exasperado como no fío musical do supermercado. O seu último cambio de rumbo pasa por recuperar os sons que lle acompañaron durante a súa infancia: flamenco, rumba, música popular española… As raíces están de moda. E a Pucho diso sóbralle.

Desde os seus comezos na música en 2005, C. Tangana non deixou de cultivar éxitos ata converterse nun dos reis indiscutibles dentro da industria musical do noso país. O artista conta xa con colaboracións con figuras nacionais e internacionais como Calamaro, Omar Montes, Jorge Drexler ou Ed Maverick.

O seu Sin Cantar ni Afinar Tour pasará por Vigo este verán de 2022 no marco de Concertos do Xacobeo, para deleitar ao público co traballo que C. Tangana definiu como o disco da súa vida, El Madrileño, o proxecto máis persoal e sen artificios do artista.

Detalles

Data:
23 Agosto, 2022
Hora:
22:00 – 23:59
Custe:
39€
Categoría do Evento:
Compra de entradas

Protagonista

C. Tangana

Recinto

Peirao de Trasatlánticos, Vigo
Rúa Cánovas del Castillo, 7 Pontevedra 36202 Spain + Google Map