Skip to main content
Cargando Eventos

« Todos os Eventos

Baiuca

7 Setembro / 21:30

7 Setembro / 21:30 / Sanxenxo (Pontevedra)

O 7 de setembro Orballo Cultural chega a Sanxenxo para poñer fin a unha gran tempada. E non podía ser mellor peche que cun artista que está a levar o mellor da música galega de onte e de hoxe por todo o mundo: Baiuca.

Con dous álbums longos publicados, dous Eps e dous splits, o produtor e artista galego Alejandro Guillán conseguiu instalar unha nova idea de mestizaxe musical que se converteu en referente non só dentro do estado senón tamén fóra das nosas fronteiras.

Orballo Cultural convida a redescubrir Galicia a través da música, a cultura, a gastronomía, a artesanía, a paisaxe e a sustentabilidade. Este ciclo de concertos pon en valor artistas e bandas galegas, promovendo o patrimonio local e reactivando a economía en recunchos singulares da rexión.

Cunha grande acollida tanto entre residentes como visitantes, Orballo Cultural consolídase un ano máis como unha cita cultural destacada do verán galego, que neste 2025 terá lugar entre maio e setembro na Estrada, Tomiño, O Porriño, Ribadavia, Muxía, Noia, Ferrol e Sanxenxo, con entradas de balde. Entre os artistas confirmados están Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Su Garrido Pombo, Herdeiros da Crus e The Limboos.

Máis que un festival ou un ciclo de concertos, Orballo Cultural é un punto de encontro interxeracional que conecta ao público coas tradicións galegas, promovendo a identidade cultural e o desenvolvemento local a través da música, a gastronomía e a artesanía.

Detalles

Data:
7 Setembro
Hora:
21:30 – 23:30
Categoría do Evento:
Páxina web:
https://orballocultural.gal/event/sanxenxo/

Protagonista

Baiuca

Recinto

Explanada de Baltar, Sanxenxo
Playa de Baltar s/n Pontevedra 36970 Spain + Google Map