20 Setembro / 21:45 / Santiago de Compostela (A Coruña)

Aurora Nealnd & Inquiri Quintet
20 Setembro / 21:45

Unha das voces máis singulares e fascinantes da escena de Nova Orleans chega a Holanola. O sábado 20 de setembro, o Riquela Club énchese de improvisación, experimentación e enerxía en vivo con Aurora Nealand xunto a Inquiry Quintet.
Multiinstrumentista, compositora e exploradora sonora, Aurora Nealand habita entre o lunático e o bibliotecario, sempre buscando novas formas de contar historias a través do son. Desde o jazz tradicional non tradicional ata a colaxe sonora, a súa música conecta liñaxes históricas coa vangarda máis inquieta.
Actuou en festivais de todo o mundo, colaborado con lendas como Bill Frisell ou Preservation Hall Allstars, e é coñecida por proxectos tan variados como The Royal Roses, The Monocle Ensemble ou KindHumanKind.
Do 16 ao 21 de setembro, Santiago de Compostela acollerá a cuarta edición do festival Holanola Lab-Festival, unha celebración do jazz e a música contemporánea de Nova Orleans en diálogo con artistas galegos e de todo o mundo. O evento concluirá en Ourense coa CARAVANA NOLA, unha travesía musical polo sur de Galicia e o norte de Portugal na que músicos locais e internacionais viaxan xuntos, crean en roteiro e levan a música a novas paisaxes e xentes.