14 Novembro / 20:30 / Vigo (Pontevedra)
Acustiquísimos 2026: Quique González e Toni Brunet


O 14 de novembro, Quique González e Toni Brunet chegarán ao Hall do Teatro Afundación de Vigo en formato dúo. Con máis de 25 anos de traxectoria e once discos de estudio, Quique González é un dos grandes autores do rock en castelán, cun repertorio marcado pola honestidade e unha particular maneira de contar historias. Xunto a Toni Brunet, guitarrista e produtor habitual na súa etapa máis recente, recuperará o máis selecto do seu repertorio nun formato próximo e esencial, no que as voces, as guitarras e as cancións ocuparán todo o protagonismo.
Acustiquísimos celebra a súa novena edición no outono de 2026 con catro concertos en espazos singulares de Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela e Lugo. O ciclo aposta polo formato acústico e próximo para achegar ao público catro propostas de autor e creación contemporánea, acompañadas ademais dunha experiencia gastronómica vinculada a cada concerto. Co apoio dos Concertos do Xacobeo, Acustiquísimos suma novas propostas á programación musical do outono en Galicia.

