20 Setembro / 20:30 / Santiago de Compostela (A Coruña)

7xMEDIO
20 Setembro / 20:30

Ritmos que cruzan fronteiras, raíces que se transforman. O 20 de setembro recibimos en Holanola a 7xMEDIO, unha banda que nace do flamenco pero que se lanza á viaxe sonora do jazz e a música afroamericana.
New flamenco jazz en estado puro. Cinco músicos con percorrido, referentes na escena actual, que compartiron escenario con grandes nomes como Jorge Pardo ou Josemi Carmona.
Do 16 ao 21 de setembro, Santiago de Compostela acollerá a cuarta edición do festival Holanola Lab-Festival, unha celebración do jazz e a música contemporánea de Nova Orleans en diálogo con artistas galegos e de todo o mundo. O evento concluirá en Ourense coa CARAVANA NOLA, unha travesía musical polo sur de Galicia e o norte de Portugal na que músicos locais e internacionais viaxan xuntos, crean en roteiro e levan a música a novas paisaxes e xentes.