18 Outubro / A Rúa (Ourense)

O Son da Estación
18 Outubro

Os Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia aterran na Rúa este outono cunha nova edición do festival O Son da Estación. O festival, cuxa celebración estaba inicialmente prevista para o 15 de agosto, pero tivo que ser adiado por mor dos incendios, ten xa a nova data para a súa celebración: será na tarde-noite do sábado, 18 de outubro, na Praza da Estación da localidade ourensá. O evento, que reúne algunhas das mellores figuras da escena musical galega do momento, conta no seu cartel con Carlos Ares, Mondra, Agoraphobia, Green Angels e Señora DJ. A Xunta de Galicia dálle cobertura a esta cita singular co talento galego, con entrada de balde para todos os públicos.
A voz auténtica e única de Carlos Ares, as súas raíces galegas e os seus sons vangardistas converteron ao artista na grande revelación da escena musical estatal dos últimos tempos. En A Rúa, o músico presentará o seu impecable indie pop e folk, que navega entre a tradición e a modernidade, con cancións que respiran emoción e autenticidade. Xunto a el, actuará, tamén, Agoraphobia, a troupe de rock alternativo nada en Boiro, que regresou a comezos de ano ás ondas con Eyes Never Lie –o primeiro avance do seu novo álbum que sairá á luz en outono. O público de O Son da Estación poderá descubrir en vivo este novo tema, como testemuña de toda a intensidade e as letras profundas da banda, que nunca defraudan. Asi mesmo, o premiado artista, cantareiro e bailador Mondra súmase tamén á festa para presentar os temas do seu segundo e recente traballo discográfico DE RONDA, ademais doutros dos seus hits máis celebrados. Finalmente, Señora DJ será a encargada de amenizar as pinchadas aos pratos.