27 Setembro / 22:00 / A Coruña

Quevedo
27 Setembro / 22:00

Despois de esgotar máis de dez mil localidades no Coliseum da Coruña —onde presentará o seu novo espectáculo en formato 360º— con máis de cinco meses de antelación, Quevedo anuncia unha segunda data na cidade, o 27 de setembro, en resposta á extraordinaria demanda do seu público. Este segundo concerto conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco do ciclo Concertos do Xacobeo.
Así, o Coliseum da Coruña acollerá o espectáculo de Quevedo durante dúas noites consecutivas, nun evento que se perfila como unha das grandes citas musicais do ano en Galicia. O “Buenas Noches Tour” do artista comezou o pasado febreiro en Madrid, onde o canario esgotou as entradas do Movistar Arena tres días seguidos. Neste show único, cunha produción de primeiro nivel, Quevedo consolida a súa madurez persoal e artística.
Pedro Luis Domínguez Quevedo, máis coñecido polo seu nome artístico, Quevedo, naceu en Madrid o 7 de decembro de 2001 e con tan só catro anos asentouse en Gran Canaria. Por iso, o seu traballo está influenciado pola cultura musical da illa, principalmente, o hip hop e os ritmos latinos. Buenas noches é o seu esperado segundo álbum de estudio, un traballo que reflicte unha nova perspectiva da vida e do mundo que o rodea e co que o artista propón redefinir a escena internacional da música urbana en castelán. Cunha innovadora combinación de ritmos impactantes, letras magnéticas e un estilo inconfundible, o seu lanzamento converteuse nun dos discos do pasado ano 2024.