10 Xullo / 21:30 / Vigo
- Este evento pasou.
O Gozo Festival: Loreena McKennitt
10 Xullo / 21:30
Loreena Mckennitt visita O Gozo Festival 2024 no que será o seu único concerto en Galicia no marco da súa nova xira mundial, coa que a lenda da música celta celebra os 30 anos do seu icónico álbum The Mask and the Mirror.
A cantante e compositora canadense é, sen dúbida, unha das figuras máis icónicas da música folk, con máis de 15 millóns de discos vendidos en todo o mundo, discos de ouro, platino e multiplatino en 15 países e un extenso legado tan só ao alcance duns poucos. A espiritualidade que amosa nos seus traballos de estudo e, sobre todo, nos seus directos, fan que cada un dos seus concertos se converta en algo máxico.
Amparada no seu dominio do piano e a arpa, entre outros instrumentos, consegue levar ao público a un mundo no que ela é a raíña indiscutible, deixando sempre momentos únicos. Loreena Mckennitt regresa agora a Galicia tras máis de 15 anos desde a súa lendaria actuación na Praza da Quintana de Santiago de Compostela.
Nacido en 2023, O Gozo Festival é una cita imprescindible que programa en diferentes cidades de Galicia un coidado elenco de importantes artistas internacionais, referentes nos seus distintos estilos e que, na súa maioría, visitan por primeira vez a nosa comunidade. Organizado co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo de Galicia, no conxunto de directos da súa primeira edición rexistrou máis de 40.000 persoas provenientes de 17 países. Este 2024 regresa da man de figuras como Ed Sheeran, Maná ou Queens of the Stone Age, tras unha exitosa primeira edición en 2023 na que se deron cita, entre outros, nomes como Robbie Williams, Martin Garrix, Robert Plant ou Pixies.