18 Xuño / 21:00 / A Coruña
- Este evento pasou.
O Gozo Festival: Queens of the Stone Age + Bala
18 Xuño / 21:00
Coñecida por ser unha das mellores bandas de rock en directo da historia, Queens of the Stone Age presenta da man do Gozo Festival o seu primeiro concerto en Galicia, no Coliseum da Coruña, este mes de xuño.
Prolífica, ambiciosa e brillante, Queens Of The Stone Age converteuse nesa troupe xigante que, desde o seu nacemento en California na década dos 90, bendixo ao mundo con éxitos do calibre de No One Knows, Little Sister, My God is the Sun ou The Way You Used To Do, entre moitos outros.
Pola súa banda, as galegas Bala -Ánxela Baltar e Violeta Mosquera- súmanse tamén ao cartel do Gozo Festival como abreconcertos de luxo de Queens of the Stone Age. O dúo, que ven de lanzar o seu disco Bestia este 2024, combina sons que recordan ao rock intenso dos 90, con influencias que van desde o grunge hasta o stoner, pasando polo hardcore ou o punk e coa contundencia de dúas voces moi distintas.
Nacido en 2023, O Gozo Festival é una cita imprescindible que programa en diferentes cidades de Galicia un coidado elenco de importantes artistas internacionais, referentes nos seus distintos estilos e que, na súa maioría, visitan por primeira vez a nosa comunidade. Organizado co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo de Galicia, no conxunto de directos da súa primeira edición rexistrou máis de 40.000 persoas provenientes de 17 países. Este 2024 regresa da man de figuras como Ed Sheeran, Maná ou Queens of the Stone Age, tras unha exitosa primeira edición en 2023 na que se deron cita, entre outros, nomes como Robbie Williams, Martin Garrix, Robert Plant ou Pixies.