Cargando Eventos

« Todos os Eventos

Raphael

21 Novembro

21 Novembro / 20:30 / A Coruña

Raphael, unha das grandes voces da música en español, chega á Coruña co seu ‘Raphaelísimo – Tour 2026’, un espectáculo que percorre máis de seis décadas de traxectoria e reúne algúns dos grandes éxitos que o converteron nunha figura imprescindible da música popular. A cita conta co apoio da Xunta de Galicia a través de Concertos do Xacobeo.

O concerto combinará clásicos como ‘Yo soy aquel’, ‘Mi gran noche’ ou ‘Escándalo’ con temas do seu novo álbum, ‘Ayer… aún’, no que rende homenaxe á canción francesa e a artistas como Edith Piaf e Charles Aznavour. Unha oportunidade para gozar en directo da voz e da capacidade interpretativa dun artista que continúa renovando o seu repertorio sen perder a esencia que marcou a súa carreira.

Detalles

  • Data: 21 Novembro
  • Categoría do Evento:

Protagonista

Recinto