20 Novembro / 20:30 / A Coruña
Acustiquísimos 2026: La Bienquerida


La Bien Querida actuará o 20 de novembro no Salón Brigantia do Hotel Meliá María Pita da Coruña para presentar en formato dúo o seu último traballo, ‘LBQ’. O álbum recupera o nome artístico co que Ana Fernández-Villaverde iniciou a súa traxectoria en 2009 e reúne unha colección de cancións que reflicten a súa particular identidade dentro da escena independente española.
Con oito discos de estudio e unha personalidade artística inconfundible, La Bien Querida continúa explorando a canción pop desde unha mirada propia, co amor, as relacións e as emocións como algúns dos eixos da súa creación.
Acustiquísimos celebra a súa novena edición no outono de 2026 con catro concertos en espazos singulares de Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela e Lugo. O ciclo aposta polo formato acústico e próximo para achegar ao público catro propostas de autor e creación contemporánea, acompañadas ademais dunha experiencia gastronómica vinculada a cada concerto. Co apoio dos Concertos do Xacobeo, Acustiquísimos suma novas propostas á programación musical do outono en Galicia.

