Cargando Eventos

« Todos os Eventos

Acustiquísimos 2026: Ángeles Toledano

21 Novembro

21 Novembro / 20:30 / Santiago de Compostela (A Coruña)

Ángeles Toledano chegará o 21 de novembro ao Patio de Cristal do San Francisco Hotel Monumento de Santiago de Compostela para adaptar ao formato dúo o seu primeiro álbum, ‘Sangre Sucia’. A cantadora xienense é unha das voces máis persoais da nova xeración do flamenco, cunha proposta que parte da tradición para explorar novas formas de expresión. Acompañada polo guitarrista Benito Bernal, Toledano ofrecerá un directo máis esencial e íntimo no que o cante, a guitarra e a emoción serán protagonistas.

Acustiquísimos celebra a súa novena edición no outono de 2026 con catro concertos en espazos singulares de Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela e Lugo. O ciclo aposta polo formato acústico e próximo para achegar ao público catro propostas de autor e creación contemporánea, acompañadas ademais dunha experiencia gastronómica vinculada a cada concerto. Co apoio dos Concertos do Xacobeo, Acustiquísimos suma novas propostas á programación musical do outono en Galicia.

Detalles

  • Data: 21 Novembro
  • Categoría do Evento:

Protagonista

Recinto