28 Novembro / 20:30 / Lugo
Acustiquísimos 2026: Luis Fercán


Luis Fercán actuará o 28 de novembro no Círculo das Artes de Lugo, onde presentará en formato solo o seu último traballo, ‘Cerezos en flor’. O artista galego consolidouse como un dos nomes máis persoais da nova canción de autor, cunha traxectoria marcada pola profundidade das súas letras, unha voz rouca e unha especial capacidade para transformar experiencias persoais en cancións universais.
Acustiquísimos celebra a súa novena edición no outono de 2026 con catro concertos en espazos singulares de Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela e Lugo. O ciclo aposta polo formato acústico e próximo para achegar ao público catro propostas de autor e creación contemporánea, acompañadas ademais dunha experiencia gastronómica vinculada a cada concerto. Co apoio dos Concertos do Xacobeo, Acustiquísimos suma novas propostas á programación musical do outono en Galicia.

