Cargando Eventos

« Todos os Eventos

Our Fest

19 Setembro

19 Setembro / Ourense

O Our Fest celebra a súa 5ª edición o próximo 19 de setembro en Expourense, cunha xornada completa de música en directo que reunirá seis propostas que percorren máis de catro décadas de rock alternativo e diferentes formas de entender a guitarra, a canción e o directo.

O cartel estará encabezado por The Jesus and Mary Chain, unha das bandas máis influentes do rock alternativo. Tamén actuarán The Dream Syndicate, nunha data única en España; Triángulo de Amor Bizarro, referentes do rock independente estatal; The Mystery Lights, na súa única data de 2026; Fat Dog, coa súa proposta de punk, psicodelia e electrónica; e Germán Salto, que achegará o seu power pop e música americana.

Nacido en 2022, o Our Fest consolidou desde Ourense unha identidade propia arredor dunha programación singular dentro do circuíto alternativo. A cita é tamén unha oportunidade para descubrir e vivir Ourense arredor da música, combinando os concertos coa cultura termal, o patrimonio e a gastronomía da cidade. Nesta liña, o festival conta co apoio da Xunta de Galicia no marco dos Concertos do Xacobeo, contribuíndo a impulsar a programación musical como elemento de dinamización cultural e turística.

Recinto