19 Setembro / 19:00 / O Pereiro de Aguiar (Ourense)
Xoldra de Aguiar


O Xoldra de Aguiar celebra a súa cuarta edición, co apoio dos Concertos do Xacobeo, cunha xornada que recupera a esencia das festas populares galegas a través da música, a maxia, a foliada e a gastronomía.
A programación comezará co espectáculo de maxia familiar ‘Trasnadas’, de Pablo Estévez. A continuación, a foliada correrá a cargo do grupo de pandereteiras As Lapacaldas do Concello do Pereiro de Aguiar, coa colaboración de Airiños dos Foles, nunha tarde na que a música tradicional estará acompañada dunha oferta gastronómica. O concerto de Treixadura poñerá o broche de ouro á velada, reforzando o carácter festivo e popular desta cita gratuíta.

