27 Agosto / 22:00 / A Laracha (A Coruña)
- Este evento pasou.
Concertos do Nordés: Ortiga
27 Agosto


Ortiga chega a Caión cun directo marcado polos ritmos populares, a enerxía e a mestura de tradición galega con sons contemporáneos. O proxecto de Manuel González parte da música de verbena e da cultura popular para levala a un terreo propio, con influencias urbanas e unha clara vocación festiva.
No marco dos Concertos do Xacobeo, os Concertos do Nordés levan a artistas da escena galega ata diferentes localidades da Costa da Morte, contribuíndo a dinamizar a actividade cultural e a converter este territorio nun escenario para o encontro arredor da música en directo.

