Cargando Eventos

« Todos os Eventos

Hijos de la Ruina

14 Novembro

14 Novembro / 20:00 / Vigo (Pontevedra)

Hijos de la Ruina chegará a Vigo o 14 de novembro cun concerto único no IFEVI, reunindo sobre o escenario a Natos y Waor e Recycled J, dous dos nomes máis influentes da escena urbana estatal. O público poderá gozar en directo dos temas do seu último traballo, ‘Hijos de la Ruina Vol. 4’, xunto a algúns dos himnos que converteron este proxecto nun dos grandes referentes do rap en español.

No marco dos Concertos do Xacobeo, a cita traerá a Galicia unha das xiras máis agardadas do panorama urbano nacional. Cun directo caracterizado pola súa intensidade e unha sólida conexión co público, o proxecto Hijos de la Ruina consolidouse como un fenómeno xeracional capaz de esgotar entradas nos principais recintos do país, combinando a personalidade artística de Natos y Waor e Recycled J nun espectáculo de gran formato.

Detalles

  • Data: 14 Novembro
  • Categoría do Evento:

Protagonistas

Recinto