Cargando Eventos

« Todos os Eventos

Orballo Cultural: A Guarda

24 Xullo

24 Xullo / 22:00 / A Guarda (Pontevedra)

A Guarda acollerá unha das citas máis representativas do folk galego dentro da programación de Orballo Cultural. Balteira abrirá a xornada cunha proposta que revisita a música de tradición oral cun son renovado e unha posta en escena chea de forza. A continuación, Luar Na Lubre, formación emblemática da música galega, ofrecerá un concerto que reúne máis de tres décadas de traxectoria internacional levando o folk galego por todo o mundo.

Orballo Cultural é un ciclo de concertos itinerante que percorre diferentes puntos da xeografía galega cunha proposta que combina música, gastronomía, pintura e artesanía para poñer en valor o patrimonio material e inmaterial de Galicia. Co apoio dos Concertos do Xacobeo, entre maio e setembro de 2026, Orballo Cultural programa en 10 localidades un total de 18 artistas galegos de estilos e xéneros variados.

Detalles

  • Data: 24 Xullo
  • Categoría do Evento:

Protagonistas

Recinto