22 Agosto / Navia de Suarna (Lugo)
SoaSuarna


SoaSuarna celebra a súa segunda edición o 22 de agosto de 2026 en Navia de Suarna, no corazón dos Ancares. É máis ca un festival, é un proxecto cultural que aposta por activar o rural e demostrar que tamén fóra dos grandes núcleos urbanos é posible impulsar propostas de calidade.
Co territorio como parte esencial da experiencia, SoaSuarna combina música e cultura cunha programación que se estende máis aló da súa xornada principal, promovendo encontros, obradoiros e actividades que fortalecen o tecido social e cultural da comarca. O festival reivindica o valor do patrimonio, das iniciativas locais e do talento emerxente galego, contribuíndo a unha cultura máis descentralizada, diversa e conectada coa contorna.
Co apoio de Concertos do Xacobeo, SoaSuarna consolídase como unha cita singular do verán galego, convertendo Os Ancares nun espazo de encontro entre creación contemporánea, comunidade e territorio.

