12 Setembro / Vigo (Pontevedra)
Son & Mar: La movida viguesa


O vindeiro 12 de setembro, o peirao de Trasatlánticos de Vigo acollerá La Movida Viguesa, unha das xornadas máis destacadas do novo ciclo Son & Mar Vigo. Concibida como unha homenaxe a un dos movementos culturais e musicais máis influentes da historia recente de Galicia, a cita reunirá sobre un mesmo escenario bandas e artistas que marcaron unha época, como Golpes Bajos, Semen Up, Miguel Costas (Siniestro Total), Killer Barbies e Stoned At Pompeii. A xornada recuperará o espírito creativo, transgresor e vangardista que converteu Vigo nun referente musical durante os anos 80.
No marco da programación de Concertos do Xacobeo, esta proposta busca poñer en valor o legado da movida viguesa e achegalo tanto a quen a viviu en primeira persoa como ás novas xeracións. O evento aspira a ser unha das grandes citas culturais do noroeste peninsular, combinando memoria musical, talento local e unha programación aberta a públicos diversos nun espazo emblemático da cidade.

