Cargando Eventos

« Todos os Eventos

Yandel Sinfónico

12 Xullo

12 Xullo / 22:00 / A Coruña

O 12 de xullo o Coliseum da Coruña será o escenario de Yandel Sinfónico, unha das propostas máis singulares da programación de Concertos do Xacobeo. O artista portorriqueño, considerado unha das figuras máis influentes da música urbana latina, presentará un espectáculo que reinterpreta os seus grandes éxitos acompañado por unha orquestra sinfónica, fusionando a enerxía do reguetón coa riqueza e a emoción dos arranxos orquestrais.

Cunha traxectoria que marcou varias xeracións e un repertorio cheo de himnos internacionais, Yandel ofrece unha experiencia musical innovadora que amosa unha nova dimensión da súa obra artística. A cita na Coruña supón unha oportunidade única para gozar en Galicia dun formato que acadou unha excelente acollida entre o público e que destaca pola súa ambiciosa posta en escena e polo seu carácter excepcional dentro da xira do artista.

Detalles

  • Data: 12 Xullo
  • Categoría do Evento:

Protagonista

Recinto