Cargando Eventos

« Todos os Eventos

Luar na Lubre

16 Xullo

16 Xullo / 20:00 / O Bolo (Ourense)

No marco dos Concertos do Xacobeo, Luar na Lubre actuará o 16 de xullo no Santuario das Ermidas. A actuación forma parte da xira internacional ‘Lubre: 40 Aniversario’, coa que a histórica formación celebra catro décadas de traxectoria convertida nun referente da música folk galega e europea. Con máis de 2.500 concertos en máis de 60 países, Luar na Lubre compartiu escenario con artistas internacionais como Mike Oldfield, The Waterboys ou The Corrs, consolidándose como unha das formacións galegas con maior proxección internacional.

O concerto desenvolverase nun dos espazos patrimoniais máis emblemáticos do interior de Galicia: o Santuario das Ermidas é unha das grandes xoias do barroco galego. O seu emprazamento, encaixado na montaña e integrado nun anfiteatro natural, convérteo nun lugar único tanto polo seu valor arquitectónico como paisaxístico. Este evento é un claro exemplo da aposta dos Concertos do Xacobeo por unir cultura, patrimonio e promoción turística a través de experiencias singulares vinculadas á identidade galega.

Detalles

  • Data: 16 Xullo
  • Categoría do Evento:

Protagonista

Recinto