Skip to main content
Cargando eventos

« Programación

  • Este evento pasou.

Hombres G

15 Agosto, 2022 / 22:00

12€

15 Agosto / 22:00 / Lugo / Desde 12€

Desde as súas orixes en 1983, o grupo madrileño formado por David Summers, Dani Mezquita, Rafa Gutiérrez e Javi Molina non deixou de cultivar logros a este e o outro lado do Atlántico. O luns 15 de agosto, a banda presentarase en concerto en Lugo, no exterior do Auditorio Gustavo Freire, dentro da programación musical do Xacobeo 21-22.

Devuélveme a mi chica, Venezia, Te quiero, Visite nuestro bar, Lo noto, Temblando, Suéltate el pelo e outros himnos xeracionais soan nos seus directos con rotundidade xunto ao seu disco máis recente La esquina de Rowland, que devolveu aos madrileños aos primeiros postos das listas de éxitos.

O público de Lugo poderá bailar con estes catro amigos que comezaron moi novos tocando en pequenas salas da capital e que seguen gozando xuntos da música e da amizade. E é que a música de Hombres G foi a banda sonora de moitas xeracións e o será por moitos anos máis.

Detalles

Data:
15 Agosto, 2022
Hora:
22:00 – 23:59
Custe:
12€
Categoría do Evento:
Compra de entradas

Recinto

Exterior Auditorio Gustavo Freire, Lugo
Avenida de A Coruña, s/n Lugo 27003 Spain + Google Map