9 Outubro / 20:00 / Santiago de Compostela (A Coruña)
Pulsacións Sonoras: Teenage Fanclub


A banda escocesa Teenage Fanclub, formada en Glasgow a finais dos anos 80, é considerada unha das referencias do power pop e o folk-rock melódico. En outubro regresan a España cunha nova xira de concertos, que inclúe unha parada en Santiago de Compostela.
Na súa etapa máis recente, o grupo segue mostrando unha gran forma creativa, especialmente co seu álbum ‘Nothing Lasts Forever’ (2023), que recibiu moi boas críticas e confirmou que Teenage Funclub continúa compoñendo cancións co seu selo característico: emotivas, melódicas e atemporais.
Co apoio dos Concertos do Xacobeo, o ciclo Pulsacións Sonoras 2026 da Sala Capitol aposta por traer a Galicia figuras clave da música internacional dos anos 80 e 90 que regresan agora aos escenarios.

