27 Xullo / 20:30 / Pontevedra
Maresía: LP


LP é unha das cantautoras máis recoñecidas a nivel internacional, que alcanzou a fama global en 2017 con ‘Lost On You’, un éxito mundial con miles de millóns de reproducións.
Co apoio dos Concertos do Xacobeo, a artista norteamericana chega a Galicia para presentar o seu último disco, ‘Love Lines’, que destaca por un son máis luminoso e emocional, combinando estilos como folk, pop e toques western, e mostrando a súa gran versatilidade vocal.
Maresía propón unha serie de concertos por diferentes cidades de Galicia con artistas nacionais e internacionais que destacan en distintos xéneros e estilos. O ciclo brinda a oportunidade de desfrutar de actuacións en directo inigualables.

