Cargando Eventos

« Todos os Eventos

Ou Yeah!: Luz Casal

4 Outubro

4 Outubro / Ourense

O Festival Ou Yeah! naceu en 2025 co apoio dos Concertos do Xacobeo e regresa en 2026 coa súa segunda edición, reafirmando un modelo que vai máis alá dos concertos para entender o evento como unha experiencia cultural onde conviven música, territorio e identidade.

O festival aposta por un formato expandido no tempo e no espazo que transforma a provincia de Ourense nun escenario vivo. A última cita desta edición será o 4 de outubro en Ourense con Luz Casal, quen volve a actuar na cidade despois de sete anos, e a súa xira ‘Me voy a permitir’.

Ou Yeah! amplía a experiencia musical cunha aposta clara pola gastronomía como parte esencial do relato. En cada cita, o público poderá desfrutar de propostas culinarias deseñadas por cociñeiros ourensáns vinculados á asociación Cociña Ourense.

Detalles

  • Data: 4 Outubro
  • Categoría do Evento:

Protagonista

Recinto