Cargando Eventos

« Todos os Eventos

O Gozo Fest: Tom Jones

2 Xullo

2 Xullo / 21:00 / A Coruña

Unha das singularidades do Gozo Festival é que se trata dun evento espallado no tempo, con concertos de artistas de renome que se dosifican ao longo de todo o ano. É o caso de Tom Jones, que actuará no Coliseum da Coruña o 2 de xullo. A lenda da música fará parada en Galicia coa súa xira ‘Come Gather Around’, nun espectáculo cheo dos éxitos atemporais do cantante galés. Aos seus 85 anos e máis de seis décadas de carreira, Tom Jones segue sendo amplamente recoñecido pola súa inconfundible voz e o seu carisma sobre o escenario.

O Gozo Festival celebra neste 2026 a súa cuarta edición co apoio da Xunta de Galicia, consolidándose como unha cita imprescindible para ver en directo estrelas mundiais de estilos musicais ricos e plurais.

Detalles

  • Data: 2 Xullo
  • Categoría do Evento:

Protagonista

Recinto