11 Setembro / 20:00 / Vigo (Pontevedra)
Hard GZ
11 Setembro


Hard GZ, nome artístico de Pedro Ruibal, é unha das voces máis recoñecibles do rap en Galicia na última década. O artista vigués, residente en Barcelona, volverá á casa para ofrecer un concerto o 11 de setembro en Vigo, unha cita que conta co patrocinio dos Concertos do Xacobeo.
Hard GZ fundou o selo independente La Utopía del Norte, xestionando a súa propia carreira durante case unha década na que lanzou varios álbums entre os que destaca a triloxía ‘Kaos Nomada’, ‘Versus’, ‘Siempre’, así como máis recentemente ‘La Costa II’.

