12 Xullo / 21:00 / A Coruña
Intermodal: José González
10 Xullo


José González actuará o 10 de xullo na Coruña dentro do Ciclo Intermodal. O músico e compositor sueco presentará o seu novo disco ‘Against The Dying Of The Light’ nun concerto que percorrerá tamén algúns dos temas máis emblemáticos da súa carreira como o icónico ‘Heartbeats’, do seu álbum debut ‘Venner’ (2003).
Intermodal é unha viaxe musical coa intención de conectar cidades, estilos e públicos a través dunha programación diversa e de gran calidade. O ciclo, que reúne en Galicia destacados artistas da escena internacional, propón vivir a música sen etiquetas e sen fronteiras estilísticas.

