01. Introdución

Benvido ao noso brandsite

Concertos do Xacobeo é a marca que representa o programa cultural, lúdico e musical promovido pola Xunta de Galicia. Esta marca require o cumprimento dunha serie de normas específicas relativas á súa presenza e colocación nos diversos materiais promocionais asociados ás actividades, festivais e eventos nos que participa.

Esta plataforma serve de guía para todas as persoas implicadas na creación de calquera deseño relacionado coa imaxe de Concertos do Xacobeo, e deberá seguilo con responsabilidade para garantir a axeitada difusión da marca.

Normativa xeral

1. Deberase garantir a incorporación e visibilidade do logotipo da Xunta de Galicia, Galicia Calidade e Xacobeo 2027. Estes incorporaránse a marca tal como se indica nesta imaxe ou engadiranse dentro da liña de logotipos correspondente. Ambos deberán respectar os manuais de identidade corporativa vixentes, asegurando unha representación axeitada e coherente coas directrices institucionais.

2. Ademáis, créase unha versión tipo selo da marca para engadir nos carteis de festivais vinculados a Concertos do Xacobeo cuxo uso deberá axustarse, na medida do posible, ás indicacións detalladas neste manual para así garantir a identificación clara das accións ligadas ao programa. Recoméndase seguir as directrices indicadas para a súa correcta colocación.

A presenza deste selo nos carteis de festivais vinculados a Concertos do Xacobeo é obrigatorio, deixando a marca “en cor sólida” para outras aplicacións gráficas.

3. Concertos do Xacobeo debe ter unha presencia destacada nos diferentes eventos, garantindo a colocación visible dos seus elementos co obxectivo de reforzar a identidade visual e a presenza institucional en cada unha das accións organizadas (festivais, concertos ou xiras).

02. Elementos de identidade

Marca

Elementos básicos

A marca Concertos do Xacobeo está composto por dous elementos principais: símbolo e nome na súa tipografía corporativa. Na composicón o nome colócase na parte inferior do símbolo mantendo a normativa de construción aquí indicada.

Marca en positivo

Marca en negativo

Representación gráfica con liña de logotipos institucionais

Deberase garantir a incorporación e visibilidade do logotipo da Xunta de Galicia, Galicia Calidade e Xacobeo 2027. Estes incorporaránse á marca na parte inferior ou, dependendo do tipo de soporte, engadiranse no mesmo espazo visual da marca Concertos do Xacobeo.

Marca en positivo

Marca en negativo

Representación gráfica en selo

Esta versión da marca en selo é de uso exclusivo para os carteis de festivais vinculados a Concertos do Xacobeo para garantir a identificación clara das accións ligadas ao programa. Recoméndase seguir as directrices indicadas para a súa correcta colocación e uso.

Selo principal

Selo B/N

Selo en negativo

Uso correcto da marca

Estas son as guías relativas a áreas de respeto e redución mínima para un uso correcto da marca.

Área de Seguridade

Referímonos como área de respeto á zona protexida ou ao espazo mínimo que debe manterse libre doutros elementos como texto, fotografías ou ilustracións. Neste caso, a zona defínese polo elemento central do símbolo. Esta normativa é aplicable a todas as súas variantes.

Redución mínima

Para garantir unha boa visibilidade da marca en calquera soporte, recoméndase non usar un tamaño inferior ao aquí indicado en ningunha das súas variacións. Reducilo máis alá destes límites dificultaría a súa lexibilidade e recoñecemento.

Marcas secundarias

Representacións secundarias

Estas son as composicións da marca Concertos do Xacobeo para os casos nos que a súa versión principal non teña cabida, por espazo ou formato dos soportes a aplicar.

Marca secundaria en positivo

Marca secundaria en negativo

Marca secundaria en positivo

Marca secundaria en negativo

Uso correcto da marca secundaria

Estas son as guías relativas a áreas de respeto e redución mínima para un uso correcto das marcas secundarias.

Área de Seguridade

Referímonos como área de respeto á zona protexida ou ao espazo mínimo que debe manterse libre doutros elementos como texto, fotografías ou ilustracións. A zona defínese polo elemento central do símbolo.

Redución mínima

Para garantir unha boa visibilidade da marca en calquera soporte, recoméndase non usar un tamaño inferior ao aquí indicado en ningunha das súas variacións. Reducilo máis alá destes límites dificultaría a súa lexibilidade e recoñecemento.

Tipografía

Sistema tipográfico da marca

A tipografía corporativa usada pola marca corresponde á Patrona Casual. O seu uso é exclusivo para a construción do nome Concertos do Xacobeo. A tipografía secundaria a usar nos textos que acompañen a marca será a Xunta Sans.

Cor

Cor corporativa

A cor é un elemento fundamental da nosa identidade visual, xa que reforza o recoñecemento da marca. A paleta de cor de Concertos do Xacobeo segue a mesma normativa da Xunta de Galicia tomando o Pantone 7461 C e as súas variacións correspondentes como principal.

03. Elementos gráficos

Cartelería

Uso do selo Concertos do Xacobeo

O selo Concertos do Xacobeo debe colocarse sempre na parte superior da gráfica, preferiblemente á esquerda*, co obxectivo de reforzar a súa presenza en cada unha das accións organizadas. Na medida do posible, toda a área horizontal que ocupe a altura do selo debe quedar libre de calquera outro elemento gráfico.

Sistema de modulación

Se establece un sistema de modulación xenérica para determinar o tamaño e a colocación do selo Concertos do Xacobeo, dos logotipos no pé da gráfica e as marxes de seguridade (10% do perímetro).

O tamaño do selo de Concertos do Xacobeo debe estar entre un 30% e un 10% da metade da área dividida.

* Poden existir excepcións a esta normativa sempre e cando a visibilidade do selo non se vexa comprometido e siga mantendo unha posición estacada na gráfica.

Selo principal

Selo B/N

Selo en negativo

A parte inferior está destinada á colocación dos logotipos da Xunta de Galicia, Galicia Calidade e Xacobeo 2027, seguidos, se fose o caso, do resto de logotipos de colaboradores e patrocinadores do evento. Estes logotipos non poderan ter un tamaño visual superior ou igual á otorgada ao selo de Concertos do Xacobeo.

Linea logotipos

Linea logotipos B/N

Linea logotipos negativo

Gobos de iluminación

Os gobos son un elemento dinámico que vai máis alá da simple decoración, funcionando como unha ferramenta estratéxica para mellorar a atmosfera, a visibilidade da marca e a experiencia xeral do evento. Polo tanto, para garantir unha comunicación visual eficaz, a marca usarase como un gobo proxectado, mellorando así a visibilidade, o recoñecemento e a presenza da institución nos eventos organizados.

Diámetro do gobo: 66 mm
Diámetro da imaxe: 48 mm

Lonas publicitarias

As lonas publicitarias serven como soporte gráfico para a presenza da marca. Nesta sección, abordamos os formatos máis estandarizados como base para a representación gráfica da marca.

Como regra xeral, empregaremos a versión da marca Concertos do Xacobeo que mellor se adapte ao formato, sempre acompañada, cando sexa posible, dos logotipos da Xunta de Galicia, Galicia Calidade e Xacobeo 2027.

300×100 cm

200×80 cm

148×100 cm

300×200 cm

100×300 cm

80×200 cm

100×148 cm

100×148 cm

200×300 cm

Banderolas

As pancartas publicitarias e as bandeiras de exterior empregaranse para promocionar a marca dun xeito rechamante e eficaz nos eventos de Concertos do Xacobeo.

Banderola display

85×450 cm

85×250 cm

Beach flag

85×450 cm

85×250 cm

Drop display

138×450 cm

100×280 cm

Flag display

110×410 cm

Pole flag display

80×100 cm

Arco de publicidad

400×300 cm

400×300 cm

Rollup

O roll-up está deseñado para o seu uso en interiores, en eventos de pequena escala ou roldas de prensa.

Roll-up corporativo

Coa marca Concertos do Xacobeo ocupando o espazo superior corresdente ós 3/4 do alto do roll-up.

80×200 cm

Roll-up de evento

Neste caso, empregaremos o selo de Concertos do Xacobeo, mantendo as mesmas pautas de modularidade establecidas para os carteis e dentro da área imprimible do roll-up.

Os logotipos da Xunta de Galicia, Galicia Calidade e Xacobeo 2027 deben colocarse centrados, no espazo correspondente a 1/4 da altura do roll-up na parte inferior. O seu tamaño non debe superar a medida da metade do ancho do roll-up.

O espazo en gris corresponde a imaxe da gráfica do evento.

80×200 cm

Tótem

70×200 cm

Expositores apilables

50x50x50 cm/módulo

Cubos

50×50 cm

Photocall

Para la composición do photocall, realizaremos unha indiana coa marca de Concertos do Xacobeo e os logotipos de Xunta de Galicia, Galicia Calidade e Xacobeo 2027, dispostos tal e como mostramos neste apartado.

Presenza en escenario

A marca de Concertos do Xacobeo debe ter unha presenza destacada na parte frontal do escenario, polo que debe reservarse sempre un espazo na parte superior dos laterais para a súa colocación.

Marca en positivo

Marca en positivo

Marca en negativo

Marca en negativo

04. Aplicacións dixitais

Páxina Web

Unha web é unha fiestra aberta ao mundo para a presentación da marca Concertos do Xacobeo, polo que é moi importante que a súa presenza sea correcta. Así, na cabeceira, sempre debe aparecer a marca Concertos do Xabobeo na parte superior esquerda na súa versión horizontal, e manténdose visible có scroll da páxina. Na entrada da web recoméndase o uso de video de fondo con filtro de cor e a presenza destacada da marca corporativa no seu uso principal. Recoméndase que en xeral, a estética manteña un vínculo visual coa marca co uso das cores corporativas para elementos destacados como botóns de acción ao igual que o uso da tipografía corporativa para os textos. No pé, empregaremos os logotipos da Xunta de Galicia, Galicia Calidade e do Xacobeo 2027.

Redes Sociais

Todas as gráficas da edición 2026 de Concertos do Xacobeo, como norma xeral, deben levar como elemento identificativo un marco na cor corporativa e o símbolo en forma de selo como recurso gráfico cunha opacidade de entre un 10 e un 30%.

Como peche debe aparecer a composición da marca xunto aos logotipos da Xunta de Galicia, Galicia Calidade e Xacobeo 2027. Neste caso valoramos dúas alternitivas dependendo do tipo de evento (Festival, ciclo ou concerto individual).

Festivais

Ciclos

Concertos individuais

Video

Todos os vídeos e reels corporativos deberán seguir esta estructura:

Apertura con animación:
Comezaremos o vídeo cunha animación de entrada ata a aparicción da marca Concertos do Xacobeo sobre fondo de cor corporativa.

Aplicación da información:
Neste punto o fondo perde parte da súa solidez para deixar entrever imaxes en movemento de xente, localizacións, concertos… mentres ó redor do símbolo van xirando aneis cos nomes dos artistas e festivais vinculados. Engadimos tamén datos de rrelevancia ata pechar a información co eslogan e o ano da edición.

Peche institucional:
Voltaremos ó fondo sólido para o peche institucional tal e como indica a normativa da Xunta de Galicia.

05. Merchandising