20 Setembro / 21:00 / Pereiro de Aguiar (Ourense)

Óscar Ibáñez & Tribo
20 Setembro / 21:00

O 20 de setembro, Óscar Ibáñez & Tribo chega a Pereiro de Aguiar dentro do ciclo Concertos do Xacobeo.
O gaiteiro e frautista galego Óscar Ibáñez destaca pola súa fusión musical sen límites, situada a medio camiño entre a investigación e a creación, e que dá lugar a un son novo e inconfundible. A súa banda está integrada por músicos de recoñecida traxectoria, que teñen formado parte de proxectos fundamentais da música folk galega.
Con máis de 200 concertos realizados en España, Alemaña, Bretaña e Italia, e presenza en destacados festivais internacionais, Óscar Ibáñez & Tribo consolidáronse como unha referencia da música de raíz galega en diálogo co presente.