Skip to main content
Cargando Eventos

« Todos os Eventos

The Get

17 Setembro / 20:30

17 Setembro / 20:30 / Santiago de Compostela (A Coruña)

Electrónica, folk, raíces latinas e vangarda desde Nova Orleans. O mércores 17 de setembro, Holanola abrirá as portas da Borriquita de Belém para recibir a The GET, un trío que desafía etiquetas e reinventa o concepto de música de fusión.

Liderados por George Elizondo (cantautor e guitarrista, de ascendencia nicaraguana e cubana), xunto a Chris Beroes-Haigis (violoncelo e efectos) e Vivi del Rio (coros, teclados, sintetizadores, caixa de ritmos), combinan o acústico e o electrónico nunha viaxe que vai do folk ao post-punk, da música latina ás vangardas experimentais.

Cancións en inglés e español que transmiten identidade, raíces e exploración sen límites, con influencias que van desde Gustavo Cerati e Juana Molina ata Radiohead e James Blake.

Do 16 ao 21 de setembro, Santiago de Compostela acollerá a cuarta edición do festival Holanola Lab-Festival, unha celebración do jazz e a música contemporánea de Nova Orleans en diálogo con artistas galegos e de todo o mundo. O evento concluirá en Ourense coa CARAVANA NOLA, unha travesía musical polo sur de Galicia e o norte de Portugal na que músicos locais e internacionais viaxan xuntos, crean en roteiro e levan a música a novas paisaxes e xentes.

Detalles

Data:
17 Setembro
Hora:
20:30 – 23:30
Categoría do Evento:

Protagonista

The Get

Recinto

Borriquita, Santiago de Compostela
Rúa de San Paio de Antealtares, 22 A Coruña 15704 Spain + Google Map