16 Setembro / 20:30 / Santiago de Compostela (A Coruña)

Julián Maeso
16 Setembro / 20:30

Curtido na escena nacional non só en The Sunday Drivers, dos que foi membro fundador, senón tamén en bandas como Andabluses, The Blackbirds, Speaklow, Aurora & The Betrayers ou The Sweet Vandals, Julián Maeso é un reputado creador de sons e cancións con catro álbums en solitario ás súas costas que chega o 16 de setembro ao Fuco Lois de Santiago dentro do Holanola.
Maeso é ademais de multiinstrumentista, un dos mellores especialistas en órgano Hammond do noso país e grazas a esa mestría en particular virou con artistas como M-Clan ou Quique González. Grandes divas do soul como Irma Thomas, Betty Harris ou Martha High tamén o reclamaron como teclista, aínda que a nómina das súas colaboracións inclúe a artistas como Pájaro, Ken Stringfellow, Taylox McFerrin ou The New Master Sounds.
Do 16 ao 21 de setembro, Santiago de Compostela acollerá a cuarta edición do festival Holanola Lab-Festival, unha celebración do jazz e a música contemporánea de Nova Orleans en diálogo con artistas galegos e de todo o mundo. O evento concluirá en Ourense coa CARAVANA NOLA, unha travesía musical polo sur de Galicia e o norte de Portugal na que músicos locais e internacionais viaxan xuntos, crean en roteiro e levan a música a novas paisaxes e xentes.