28 Xullo – 1 Agosto / Lalín (Pontevedra)

Galicia Clarinet Fest
30 Xullo

Galicia Clarinet Fest é unha experiencia única para gozar dos concertos e da mestría de clarinetistas do panorama nacional e internacional.
A VI edición do Galicia Clarinet Fest celébrase entre os días 28 de xullo e o 1 de agosto de 2025 en Lalín (Pontevedra). A súa sexta edición reúne a 9 profesores: 7 clarinetistas de talla internacional que percorren os escenarios máis importantes do mundo; 1 pianista e 1 director.
Ademais, acudirán diferentes marcas de gran renome como Backun, Selmer, Buffet e Yamaha, etc., con diferentes exposicións e presentacións, e ¡varias tendas de música nacional e de accesorios internacionais como Ópera Prima, Piccolo Music Store, Musical Perales, Zac Ligatures, Gewa Germany e Odisei Music, entre outras moitas.
Esta edición do Galicia Clarinet Fest, enmarcada nos Concertos do Xacobeo, conta coa participación excepcional de dúas figuras imprescindibles da escena cultural galega: o poeta Celso Fernández Sanmartín, cuxa voz e ollada singular convidan a habitar a memoria dende o íntimo e o colectivo; e a compañía Viravolta Títeres, cunha traxectoria de décadas dando vida a mundos poéticos dende a arte do títere.
A súa presenza no festival amplía as marxes do musical, creando pontes entre palabra, xesto e son, e reafirma o compromiso cunha programación que dialoga coas raíces e coas novas formas de expresión artística.