Cargando Eventos

« Todos os Eventos

  • Este evento pasou.
Event Series: Espírito Ribeiro

Espírito Ribeiro

23 Agosto

22–26 Agosto / 20:00 / Cenlle (Ourense)

O Festival Espírito Ribeiro celebrará unha nova edición os días 22 e 23 de agosto no Campo do Cabalo, en Laias (Cenlle), dentro da programación dos Concertos do Xacobeo. A iniciativa combina música, viño, gastronomía, artesanía, produtos de proximidade, cultura e patrimonio para poñer en valor a identidade da comarca do Ribeiro.

A programación comezará o sábado 22 de agosto con Pablo Estévez Maga, Cómplices e Montoya & Carmona. O domingo 23 será a quenda da Homenaxe a Buena Vista Social Club e de Queiman Folk Rock. O evento complétase con actividades de artesanía e venda directa de produtos locais.

Tras a pasada edición en Castrelo de Miño, Cenlle toma este ano o relevo como sede do festival, que en 2027 chegará á Arnoia, consolidando unha fórmula de colaboración entre os tres concellos promotores. Espírito Ribeiro aposta así pola cooperación territorial e pola dinamización económica e cultural da comarca, combinando música, tradición e produtos de proximidade.

Detalles

Recinto