Cargando Eventos

« Todos os Eventos

Festas de verán de Ferrol

23 Agosto

21–31 Agosto / Ferrol (A Coruña)

As Festas de Verán de Ferrol celebrarán unha nova edición entre o 21 e o 31 de agosto, consolidándose como unha das grandes citas culturais e festivas do verán galego. Vinculadas á celebración patronal de San Ramón, as festas combinan música en directo, cultura e actividades de lecer para converter Ferrol nun punto de encontro para a cidadanía e as persoas visitantes.

O escenario principal, a Praza de Armas, acollerá dez noites consecutivas de concertos gratuítos con artistas e bandas destacadas do panorama musical. A programación abrirase o 21 de agosto con La noche de Cadena 100, protagonizada por Fangoria, Bombai e a galega Yoly Saa. As outras actuacións son Vanesa Martín (día 22), Siloé (día 23), Budiño e De Ninghures (día 24), Leire Martínez e Paula Koops (día 25), Celtas Cortos (día 26), Rock Canido (día 27), Danny Romero, José de Rico e Henry Méndez (día 28), Brunokavi DJ e Lg1do (día 29), Marlena e Enol (día 30) e as orquestras La Misión e París de Noia para poñer fin á programación o día 31 de agosto.

No marco dos Concertos do Xacobeo, as Festas de Verán de Ferrol reforzan a oferta cultural e de lecer da cidade cunha programación diversa e de acceso gratuíto que contribúe a dinamizar a actividade local e a atraer visitantes. A proposta complétase con outras citas como a Feira Medieval, o Pantin Classic, Equiocio ou a tradicional Festa da Escuma, consolidando Ferrol como un destino de referencia para gozar da cultura e do ocio durante o verán.

Detalles

Recinto