Cargando Eventos

« Todos os Eventos

Jazz nos Faros

18 Agosto
Event Series (See All)

18 Agosto e 5 Setembro / 20:30 / Fisterra e Carnota (A Coruña)

Os Concertos do Xacobeo regresan este verán á costa galega cunha nova edición de Jazz nos Faros, un ciclo que converte algúns dos faros máis emblemáticos de Galicia en escenarios únicos para gozar da música en directo. A proposta combina patrimonio marítimo, paisaxe atlántica e concertos de pequeno formato, ofrecendo experiencias culturais singulares en espazos de grande valor natural.

Nesta edición, o ciclo fará parada no Hotel O Semáforo, xunto ao Faro de Fisterra, o 18 de xullo, coa actuación do músico surafricano Bongeziwe Mabandla, unha das voces máis destacadas do afro-folk contemporáneo. A segunda cita será o 5 de setembro no Hotel Faro Lariño, en Carnota, onde a cantaora Lela Soto compartirá escenario con Los Saxos del Averno, nun espectáculo que fusiona flamenco, soul, rhythm & blues e jazz.

Con entrada gratuíta ata completar capacidade, Jazz nos Faros reafirma o compromiso dos Concertos do Xacobeo por achegar propostas musicais de calidade a espazos singulares de todo o territorio, contribuíndo á posta en valor do patrimonio, á dinamización turística e á promoción da cultura galega a través de experiencias únicas.

Detalles

Protagonistas

Recinto