2, 7 e 8 Agosto / Lalín, Narón e Ribadeo
O Gran Guateque


O Gran Guateque regresará este verán a Galicia con tres citas que encherán de nostalxia e grandes éxitos os escenarios de Lalín (2 de agosto), Narón (7 de agosto) e Ribadeo (8 de agosto). O espectáculo reunirá a Orquesta Mondragón, a emblemática banda liderada durante décadas por Javier Gurruchaga e autora de éxitos como ‘Viaje con nosotros’ ou ‘Corazón de neón’, e a Fórmula V, un dos grupos máis populares do pop español dos anos 70, responsable de cancións tan recoñecidas como ‘Cuéntame’, ‘Eva María’ ou ‘Vacaciones de verano’.
Da man de artistas que forman parte da historia da música española, no marco dos Concertos do Xacobeo O Gran Guateque achegará ao público unha experiencia chea de clásicos inesquecibles, lembranzas e celebración compartida.
