Cargando Eventos

« Todos os Eventos

Galicia Clarinet Fest

4 Agosto

2–9 Agosto / Lalín (Pontevedra)

Do 2 ao 9 de agosto, Lalín converterase novamente no epicentro internacional do clarinete coa celebración da sétima edición do Galicia Clarinet Fest, un evento de referencia no sur de Europa que na edición de 2026 contará con 18 docentes de prestixio internacional procedentes de nove países, como por exemplo Selin Gürol, Vitor Fernandes, Luís Cámara, Arno Piters, Sergio Pires, Deborah Andrus ou Wolfgang Puntas.

O festival combina unha ampla programación de concertos, clases maxistrais, obradoiros e actividades formativas, consolidándose como un punto de encontro único para profesionais e amantes da música clásica.

Os Concertos do Xacobeo apoian esta singular cita na que durante oito días, auditorios e espazos públicos de Lalín acollerán propostas artísticas que van desde os concertos de gran formato ata iniciativas que combinan música, creación contemporánea e outras disciplinas culturais, reforzando o papel de Galicia como escenario de proxectos musicais de excelencia e proxección internacional.

Recinto