Cargando Eventos

« Todos os Eventos

Festival de Ortigueira

9 Xullo

8–12 Xullo / 12:00 / Ortigueira (A Coruña)

A edición de 2026 do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira celebrarase do 8 ao 12 de xullo. Desde a súa fundación en 1978, a cita consolidouse como todo un referente mundial do folk e da música celta.

Nesta nova edición, que volve contar co apoio dos Concertos do Xacobeo, o festival xa anunciou nomes como o grupo estadounidense Solas ou o escocés Valtos, o quinteto irlandés Lúnasa, o trío bretón Noon, o galego Anxo Lorenzo e o asturiano Rubén Alba. Ao cartel principal súmase o Festival na Rúa, con Bagad de Vannes, Banda Gaites Saxum, Grupu Etnográficu L’Oriente e Bandina Los Maruetos, que encherá de música e bo ambiente toda a vila.

Detalles

Recinto