Cargando Eventos

« Todos os Eventos

Event Series: PortAmérica

PortAmérica

9 Xullo

9–11 Xullo / 17:00 / Portas (Pontevedra)

O Festival PortAmérica regresa á Azucreira de Portas (Pontevedra) do 9 ao 11 de xullo, nunha nova edición de boa música, gastronomía e artesanía.

O cartel deste ano volve ser moi variado: artistas consolidados e grandes nomes como Dani Martín, Hombres G, Rigoberta Bandini, Amaia, M-Clan, Xoel López, Sexy Zebras ou Eliades Ochoa, e outros máis novos que están triunfando nos últimos anos como The Rapants, Sanguijuelas del Guadiana ou Repion. Non faltarán propostas máis eclécticas e emerxentes.

Ademais dos concertos, PortAmérica contará co seu Mercado de Talentos, con marcas e proxectos emerxentes de artesanía e outras disciplinas, e coa programación do seu ShowRocking, comisariado polo chef galego Pepe Solla e que reúne a decenas de reputados cociñeiros, convertendo os fogóns nun espectáculo paralelo ao musical con pratos que se cociñan en directo.

Recinto