1–4 Xullo / 14:30 / Viveiro (Lugo)
Resurrection Fest


O Resurrection Fest é un dos festivais de rock, metal e punk máis importantes de Europa, reunindo cada día a milleiros de fans para desfrutar de decenas de bandas e artistas.
Este ano o festival celebra a súa 21ª edición cun dos carteis máis potentes da súa historia con máis de 80 grupos. Iron Maiden, Limp Bizkit, Marilyn Manson e Sabaton son os principais cabezas de cartel, aos que se suman outros como A Day To Remember, Anthrax, Trivium, Mastodon, Thrown, Angelus Apatrida, Bleed From Within ou P.O.D..
O Resurrection Fest empezou en 2006 como un evento máis pequeno centrado no punk e o hardcore, pero co tempo foi medrando moito, sumando novos xéneros e converténdose nun evento cultural e turístico que sitúa Galicia e Viveiro no mapa mundial.

