22 Xuño – 5 Xullo / A Coruña
- Este evento pasou.
Noites do Porto
25 Xuño


O festival Noites do Porto da Coruña volve ofrecer no seu programa noites máxicas con artistas de referencia. Esta sexta edición cambia de datas e pasa a celebrarse a comezos do verán: do 22 de xuño ao 5 de xullo. Co apoio dos Concertos do Xacobeo, Noites do Porto afiánzase así no ecosistema cultural da cidade.
Xoel López, The Horrors, COTI, Monsieur Periné, Curtis Harding, María José Llergo, Barry B, La Tania, Lela Soto, Vera Fauna e moitos máis forman parte do cartel deste 2026, o máis ambicioso de todos estes anos, con dúas semanas de directos, novos espazos e contidos.

